Despois do éxito que tivo o 1º obradoiro do método Montessori e a demanda que estamos a ter para os próxinos dous, decidimos ampliar a oferta, polo que volvemos a ter prazas disponibles. Serán:

SÁBADO 22 DE ABRIL: DE 10:00 A 14:00H (4 HORAS)

Obradoiro Montessori no fogar e no aula (Preparación de espazos para o traballo diario do neno/a e a súa autonomía. Con dinámicas e exemplos)

SÁBADO 20 DE MAIO: DE 10:00 A 14:00H (4 HORAS)

Obradoiro Montessori no fogar e no aula (Preparación de materiais para traballar cos nenos e nenas).

 

Porque Montessori é máis que un método educativo, é unha nova forma de ver ao neno e constitúese nunha filosofía de vida, sendo viable trasladala a todos os ámbitos do neno.


O método Montessori, implica crer no neno e ter fe en que no seu interior posúe o potencial para irse construíndo a si mesmo converténdose no home que será mañá. 

Montessori é moito máis que o uso de materiais especializados, é a capacidade do educador de amar e respectar ao neno como ser único e irrepetible.

 
Por isto e moito máis Medrando en Lugo organiza uns obradoiros teorico-prácticos do MÉTODO MONTESSORI a mans da coordinadora de Galicia Montessori ANDREA CASTRO.
 
 
Os obradoiros farémolos mensualmente, quedando as seguintes datas e horarios:
 
 
SÁBADO 25 DE MARZO: DE 11:00 A 14:00H (3 HORAS)
 
Introdución á pedagogía Montessori ( Principios do método, achegamento á filosofía, a Mente absorbente, períodos sensibles. Unha visión do neno/a nos primeiros anos de vida. Charla.)
 
 
SÁBADO 22 DE ABRIL: DE 10:00 A 14:00H (4 HORAS)
 
Obradoiro Montessori no fogar e no aula (Preparación de espazos para o traballo diario do neno/a e a súa autonomía. Con dinámicas e exemplos)
 
 
SÁBADO 20 DE MAIO: DE 10:00 A 14:00H (4 HORAS)
 
Obradoiro Montessori no fogar e no aula (Preparación de materiais para traballar cos nenos e nenas).

 

Prezadas familias!!!

 

Acabamos de recibir unha mensaxe nin máis nin menos que das Maxestades de Oriente!! Os Reis Magos convídannos a acompañalos o día 5 de xaneiro na cabalgata oficial do Concello de Lugo. Así que, como non pode ser de outra forma, ímonos preparar para aproveitar esta oportunidade como se merece:

 

Cada familia interesada en participar na Cabalgata deberá enviarnos un correo para inscribirse e poder ir organizando as diferentes actividades previas. Elaboraremos un difraz para poder participar na cabalgata, así que prepararemos uns obradoiros en xornadas previas ao gran día, para confeccionar cos nenos e nenas dito disfraz. A asociación correrá cos gastos de materiais tendo que aportar as familias unicamente a bufanda, o gorro e as luvas vermellas.

 

As familias interesadas en participar debedes ter en conta que, acompañaremos aos Reis de Oriente a pé e que os nenos/as deberá ir acompañado por un adulto.

 

Temos unha misión única e importantísimas nas nosas mans!!!

 

Non perdades a oportunidade e animádevos a participar e a recibir os Reis Magos como se merecen!!!!

 

  

Para que Medrando en Lugo poda funcionar dun xeito operativo e responda a intereses e necesidades da mayoría dos socios é imprescindible que acudades a asamblea a aportar as vosas ideas. O momento e o lugar para opinar e construir un MEL que sexa de tódolos socios e socias é o  21 de setembro as 10:00 horas na Casa da Xuventude de Lugo.